14 de diciembre de 2016

Cities: Skylines, Strauss Tower

Cando subín o Dvorak Building ao xogo, tiña uns cantos rañaceos do estilo, baseados nos do videoclip de Woodkid do que xa falei aquí. Por seguir unha nomenclatura característica, decidín chamalos cos nomes de diversos compositores clásicos, polo que o seguinte foi Johann Strauss (fillo e padre, cada quen que escolla o que mais lle guste).


Uns 150m de torre, non moi grande. Ben colocado é bastante bonito. As imaxes do edificio non son moi descriptivas dun bo uso do mesmo, porque non son amigo de facer cidades con grandes rañaceos, pero dan unha idea da escala do mesmo: 






No hay comentarios:

Publicar un comentario